MAR ADIANTE VAI O ARROÁS!
"Escribo sempre como un impulso,sen planificación. Mar Adiante , o meu primeiro libro galego saíu porque o soñei. E a partir daquela o meu compromiso co Galego xa foi para sempre"
María Victoria Moreno, nunha entrevista para "A Nosa Terra"
María Victoria Moreno Márquez é a escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2018.
Ainda que ela non naceu en Galicia ( senón en Valencia de Alcántara, Cáceres, no 1939) é unha galega de sentemento.
"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente una historia de amor". Discurso pronunciado por María Victoria Moreno no 1993 no Congreso de Poetas alófonos en língua galega.
Mar Adiante é o seu primeiro libro en Galego. Escola no mar, abordo do Arroás. Explicando, ademáis das cousas cativas (cartos, leiros e barcos, propiedade das persoas...) cousas moi fermosas como as estrelas, o cheirume da terra, o rechouchío dos paxaros, cousas ceibas que non son de ninguén en concreto,...mais son a ledicia de todas as persoas.
Imos nós tamén, Mar Adiante desde Escarabote, navegando e aprendendo da nosa Lingua e da nosa Cultura. Embarcámonos!

Comentarios
Publicar un comentario